Matrícula

Prazos de preinscrición e matrícula para o curso 2026/2027 no
Máster Social Media da UVigo

Prazo de preinscrición: do 22 de xuño ao 6 de xullo de 2026.

Publicación do listado provisional: 16 de xullo de 2026.

Prazo de reclamacións: do 17 ao 19 de xullo de 2026.

Publicación do listado definitivo: 22 de xullo de 2026.

Matrícula: do 23 ao 27 de xullo de 2026.

IMPORTANTE

O Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais NON abre prazo de preinscrición específico para alumnado alleo ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

Ademais, no caso de cubrirse as 25 prazas ofertadas polo título coa publicación da listaxe definitiva, NON se abrirá un novo prazo de inscrición.

Proceso de acceso e admisión

Os requisitos de admisión para o máster son, con carácter xeral, os establecidos polo Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro.

A admisión ao programa estará suxeita á normativa do Ministerio, da Comunidade Autónoma de Galicia e ao disposto na normativa de desenvolvemento da Universidade de Vigo.

A páxina web da Universidade de Vigo ofrece información detallada sobre os aspectos relevantes da admisión (ver aquí) e a matrícula (ver aquí).

O alumnado que desexe ser admitido no programa debe estar en posesión dun título de grao.

O protocolo de selección do estudantado estará a cargo dun órgano de admisión propio que será o encargado de avaliar as solicitudes das persoas candidatas. Este órgano está composto por unha comisión académica formada polos seguintes membros: 

IMPORTANTE:Todos os méritos aportados deberán ir acompañados do correspondente certificado oficial que permita a súa verificación. En caso contrario, non serán tidos en conta na avaliación.

O proceso de selección seguirá uns criterios de puntuación baseados nos seguintes aspectos:

  • Adecuación da titulación do solicitante ao contido do programa de máster (prioridade para as titulacións en Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual e/ou Xornalismo no primeiro nivel; as titulacións nas áreas de Ciencias Sociais e Dereito e Artes e Humanidades no segundo nivel; e, finalmente, todas as demais titulacións). Puntuación máxima: 3 puntos.
  • Expediente académico (utilizando unha escala de 1 a 4 puntos). Puntuación máxima: 4 puntos.
  • Currículo vitae. Puntuación máxima: 2 puntos.
  • Coñecemento e acreditación do dominio do inglés. Puntuación máxima: 2 puntos.
  • Coñecemento e acreditación de habilidades TIC. Puntuación máxima: 1 punto.

 

Puntuación TOTAL máxima: 12 puntos.

Listaxes de persoas admitidas, excluídas e lista de agarda para o
curso 2026/2027 no Máster Social Media da UVigo

Queres saber máis?