Coñece o máster

Unha titulación multidisciplinar especializada na capacitación de dous perfís profesionais do ámbito da comunicación dixital

Social media manager

Responsable da creación, desenvolvemento, implantación e avaliación da estratexia de comunicación dunha empresa, produto ou institución en medios sociais.

Content Manager

Responsable da creación dos contidos, en calquera formato, que unha empresa ou institución publicará en medios sociais, blogs ou webs: redacta textos, crea imaxes e vídeos optimizados para os distintos medios e soportes online.

Formación integral centrada en 3 módulos

Estratexia

O módulo de Estratexia dixital agrupa 4 materias: 

Impartido no primeiro cuadrimeste, comprende as competencias relacionadas coa parte máis estratéxica, de planificación e organización do alumnado. Trátase dunha serie de contidos que pretenden establecer a base para comprender os obxectivos da creación de contidos.

Creación

O módulo de Creación de contidos está formado por 4 materias:

Neste módulo dase cobertura ás competencias relacionadas coa creación de contidos en texto, deseño, fotografía e vídeo para web e redes sociais. Impartidas entre o primeiro cuadrimestre e o segundo, de forma secuencial.

Emprendemento

O módulo de Emprendemento agrupa 3 materias: 

Unha materia específica sobre emprendemento, combinada coas Prácticas Profesionais e a elaboración dun social media plan sobre a súa propia identidade dixital e presenza profesional en redes, de maneira que o resultado poida contribuír tanto á súa inserción laboral como ao comezo dunha actividade profesional autónoma.

Queres saber máis?