O Máster en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais da Universidade de Vigo é unha titulación oficial que supera tódolos procesos de calidade esixidos pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG). Lembra que os mestrados oficiais son os únicos que dan acceso a estudar posteriormente un doutoramento.
O curso 2017/2018 foi o primeiro curso académico do Mestrado en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais da Universidade de Vigo. Desde ese curso lévase celebrando continuamente ata a actualidade.
Non. Ofértanse únicamente 25 prazas e só en modalidade presencial. Esta é a única modalidade existente neste mestrado xa que se prioriza completamente a formación práctica a través dunha atención cara a cara e personalizada.
En ningún caso se contempla a semipresencialidade, a docencia online ou as matrículas a tempo parcial.
O Mestrado en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais da Universidade de Vigo é un mestrado oficial e, como tal, os seus prezos son públicos e estableceos a propia institución. Podes consultar os custos aquí.
Para que teñas unha idea aproximada, o custe total do mestrado é de arredor de 600€, cun incremento do 25% para persoas de fóra de España.
Podes consultar toda a información administrativa e os prazos de matrícula pulsando aquí.
Segundo a normativa da Universidade de Vigo a docencia pode impartirse tanto en galego como en castelán. É unha decisión individual de cada docente elexir unha ou outra lingua. Do mesmo xeito, o alumnado ten o mesmo dereito de utilizar tanto o castelán como o galego para comunicarse co profesorado.
De acordo co artigo 1.3 dos Estatutos da Universidade de Vigo (2019), «o galego é a lingua propia da Universidade de Vigo e é a lingua de uso normal das súas actividades». Estas dúas condicións, «lingua propia» e «lingua de uso normal» deben garantirse en todas as actividades da institución, incluída a docencia.
En consecuencia, toda a normativa lingüística elaborada pola Universidade procura fortalecer este principio, sen prexuízo do uso da lingua castelá. Así, o artigo 7.1 do Regulamento do uso da lingua galega (2015) establece que «O profesorado e o estudantado teñen o dereito a expresarse oralmente e por escrito na lingua oficial da súa preferencia. É obxectivo da Universidade que o galego sexa vínculo de expresión normal nas actividades docentes e investigadoras»; pero, especialmente, queremos remarcar o artigo 7.8 dese Regulamento, que establece que «A asistencia a clase de alumnado proveniente de fóra do dominio lingüístico galego non comportará alteracións de uso do galego na docencia».
Podes consultar o calendario e o horario do curso actual na sección Horarios da páxina web.
Habitualmente as clases son de mércores a venres, salvo excepcións puntuais, comezando a inicos do mes de setembro e rematando a parte teórica en abril. Tanto o Traballo de Fin de Máster como as prácticas profesionais teñen horarios variables entre abril e xuño.
Podes consultar a información relativa á preinscrición e matrícula no Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais pulsando aquí.
Para todo tipo de consultas relativas ao proceso de admisión, preinscripción e matrícula debes dirixirte á Área de Estudos de Máster e Doutoramento do Campus de Pontevedra. Podes facelo a través do seguinte correo electrónico xaposgraopo@uvigo.es
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/o acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.