Prazo de preinscrición: do 22 de xuño ao 6 de xullo de 2026.
Publicación do listado provisional: 16 de xullo de 2026.
Prazo de reclamacións: do 17 ao 19 de xullo de 2026.
Publicación do listado definitivo: 22 de xullo de 2026.
Matrícula: do 23 ao 27 de xullo de 2026.
O Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais NON abre prazo de preinscrición específico para alumnado alleo ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).
Ademais, no caso de cubrirse as 25 prazas ofertadas polo título coa publicación da listaxe definitiva, NON se abrirá un novo prazo de inscrición.
Os requisitos de admisión para o máster son, con carácter xeral, os establecidos polo Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro.
A admisión ao programa estará suxeita á normativa do Ministerio, da Comunidade Autónoma de Galicia e ao disposto na normativa de desenvolvemento da Universidade de Vigo.
A páxina web da Universidade de Vigo ofrece información detallada sobre os aspectos relevantes da admisión (ver aquí) e a matrícula (ver aquí).
O alumnado que desexe ser admitido no programa debe estar en posesión dun título de grao.
O protocolo de selección do estudantado estará a cargo dun órgano de admisión propio que será o encargado de avaliar as solicitudes das persoas candidatas. Este órgano está composto por unha comisión académica formada polos seguintes membros:
Nos casos nos que o número de solicitudes de preinscrición sexa igual ou superior a 50, só se avaliarán as solicitudes de persoas con titulación universitaria nas áreas de Ciencias Sociais e Dereito e Artes e Humanidades.
Nos casos nos que o número de solicitudes de preinscrición sexa inferior a 50, avaliaranse as solicitudes de persoas con calquera titulación universitaria, independentemente da área de coñecemento.
O proceso de selección seguirá uns criterios de puntuación baseados nos seguintes aspectos:
Puntuación TOTAL máxima: 12 puntos.
Dispoñible a partir do 16 de xullo de 2026
Dispoñible a partir do 22 de xullo de 2026
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/o acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.